A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 22 de marzo terá lugar a presentación do libro Lingua, nación e identidade de D. Xosé Ramón Freixeiro, profesor da Universidade da Coruña. A presentación será responsabilidade de D. Xosé Manuel Sánchez, profesor de filoloxía galega da Universidade da Coruña. Será ás 20:30 hs, no salón de actos da Asociación (R/ Olmos 16-18, 1º), con entrada aberta ao público en xeral.
Área Central acollerá a Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego
A casa de Rosalía e Murguía n’A Coruña acollerá as actividades da RAG
(ABC)
Semana do Libro Galego en Barcelona (18-23 de abril)
“Na semana da máis importante celebración en Catalunya, o Sant Jordi, que se festexará o vindeiro 23 de abril e que coincide co Día do Libro, a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Galería Sargadelos de Barcelona organizan a Semana do Libro Galego en Barcelona, coa programación de distintas actividades que se celebrarán ao redor do 23 de abril nesta cidade.” (AGE)
XIIIº Premio de teatro Rafael Dieste
XIXº Premio de narrativa “Torrente Ballester”
O Parlamento aproba que o galego sexa un mérito no concurso de funcionarios
Presentación de Volverlles a palabra
A presentación do libro Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo terá lugar no Ateneo de Ourense o venres 23 de marzo de 2007 ás 20:00 hs. Intervirán: Representante do Ateneo de Ourense, Xosé Carlos Sierra (delegado da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense), Xoán Carlos Domínguez Alberte (coordinador da publicación), Baldo Ramos (coordinador da publicación), Xesús Alonso Montero (prologuista do libro). Lerán textos literarios: Francisco X. Fernández Naval, Chus Pato, Manuel Outeiriño, Baldo Ramos, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Manuel Vilanova e Víctor Campio.
VIIIª Mostra de teatro afeccionado de Arteixo
Pode verse o programa na web do Concello de Arteixo.
Presentación do libro de poemas “Obertura sen heroe”
O acto de presentación do libro de poemas Obertura sen heroe (gañador do 1º Premio Antón Tovar), de Yolanda López, terá lugar o vindeiro venres 16 de marzo ás 20:15 horas no Salón Nobre do Liceo de Ourense. Contará coa intervención de Marcos Valcárcel, Delfín Caseiro e a propia autora. Será ofrecido tamén un recital a cargo de Teresa Devesa e Loly Conde, acompañadas ao piano por Ángel Losada.