LIX 2020: Blanca-Ana Roig e Armando Requeixo

Desde a AELG recollemos estas mensaxes de Blanca-Ana Roig e Armando Requeixo sobre a LIX galega.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora #CulturaNaRede #aculturasegue

Libros liberados por Baía Edicións

“En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Para 4-6 anos:
Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). DESCARGA
.
Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.

Para 7-8 anos:
A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións). DESCARGA.
Esta é a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.
O tempo do revés, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Serán Ana e Aldara capaces de falarse se non teñen en conta que a Terra é redonda? Vaia lea! Un enredo divertido coa física da Terra como fondo.

Para 9-10 anos:
Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

Para maiores de 12 anos:
A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes. DESCARGA.
Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes da universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
Liliput, de Manuel Lugrís Rodríguez. DESCARGA.
A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística, na que se nos presenta unha época onde todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.”

Documento unificado de accións e medidas dirixidas ao sector cultural galego polas consecuencias do COVID-19

Este é o borrador de documento unificado de accións e medidas específicas dirixidas ao sector cultural galego polas consecuencias do COVID – 19, elaborado por dezasete asociacións profesionais, baixo a coordinación da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC): Academia Galega do Teatro (AGT), Asociación Escritoras e Escritores Lingua Galega – AELG, Agem (Asociación Galega Empresas Musicais), AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Videoxogo.gal, Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia, A Colectiva, Festivais de Galicia, Culturgal Feira Industrias Culturais, Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-, Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, Eganet, Escena Galega, Músicas Ao Vivo, Plataforma de Afectadas polo Centro Coreografico Galego, Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

Pode descargarse aquí: Documento unificado Covid 2019.

Polafías Polavida, “O ferreiro e o demo”, interpretada por Ángel Rivas Veiga

Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Hoxe convidamos a escoitar este romance, “O ferreiro e o demo”, interpretado por Ángel Rivas Veiga, de Orxás (Pousada, A Pastoriza) o 5 de novembro de 2011.
Ángel Rivas Veiga (Eirexúa, Xudán, A Pontenova, 1924- Pousada, A Pastoriza, 2016), ademais de ser un xenuíno “tesouro humano”, é Mestra da Memoria desde 2013.
Esta é a ligazón ao vídeo.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

LIX 2020: Ánxela Gracián

Desde a AELG recollemos as lecturas de varios fragmentos de obras súas por parte de Ánxela Gracián.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora #CulturaNaRede #aculturasegue

Lecturas fantásticas para o confinamento

“En Urco Editora sempre pensamos que a apocalipse tería máis que ver con zombis, coches a reacción feitos de entullo, ou plans secretos para abandonar este mundo e colonizar os satélites dos xigantes gasosos.
Porén, como nos tocou vivir esta praga caracterizada polas longas horas de feche, queremos achegar un pequeno gran de area para que todas pasemos estes tempos escuros o mellor posíbel.
Por iso, en colaboración co departamento de deseño de Sacauntos Cooperativa Gráfica decidimos ir “liberando” algúns dos nosos textos máis senlleiros en forma de ebooks de balde que podedes descargar desde o noso web.
Polo momento están dispoñíbeis os seguintes dous:
“A cidade sen nome”, de H.P. Lovecraft, publicado no volume 1 da nosa Biblioteca Lovecraft.
http://urcoeditora.com/titulos/a-chamada-de-cthulhu-e-outros-contos-de-terror-cosmico/
“A pedra negra”, de Robert E. Howard, publicado no volume Relatos de terror sobrenatural.
http://urcoeditora.com/titulos/relatos-de-terror-sobrenatural-segunda-edicion/
Prestade atención ás redes sociais, pois iremos publicando máis a medida que pasen os días.
Como non, todos eles están publicados baixo licenzas libres que permiten a súa difusión e lectura. Daquela xa sabedes, sentídevos libres de espallalos pola rede de redes!”

Polafías Polavida, “Unha vez salvamos un home”, por Serafín Mourelle

Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Hoxe, na memoria de Serafín Mourelle Bugallo, falecido onte, 31 de marzo de 2020, convidamos a escoitar a narración dun suceso feliz “Unha vez salvamos un home”, gravación realizada o 12 de marzo de 2017 na Lonxa Vella do Porto da Coruña.
Serafín Mourelle Bugallo (Corme, 1933- A Coruña, 2020), home de mar, poeta e narrador oral excepcional, é Mestre da Memoria desde o ano 2017.
Esta é a ligazón ao vídeo.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Manuel Gago le o primeiro capítulo de O anxo negro

Desde a AELG recollemos a lectura que fai Manuel Gago do primeiro capítulo de O anxo negro, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Beto Luaces le un fragmento de Vicus. Un lugar no mundo

Desde a AELG recollemos a lectura que fai Beto Luaces dun fragmento de Vicus. Un lugar no mundo, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.