Arquivos da etiqueta: A Nosa Terra
Xesús González Gómez: “Cantos máis premios, menos premiados”
Análise de Xesús González Gómez sobre os premios literarios en A Nosa Terra:
“Polo que se leva dito (escrito), pódese deducir que os premios literarios, sobre todo nas literaturas sen Estado, ademais de privilexiar unha serie de nomes, tamén privilexian un tipo determinado de literatura. Que tipo de literatura? Non hai que ser un Sherlock Holmes para adiviñar que non se trata dunha literatura que se escribe e despois se pode presentar a un premio literario. A primeira (apresurada?) dedución que pode tirar un observador, máis ou menos imparcial, é clara: nas literaturas sen Estado, por mor dunha serie de circunstancias que sería longo, e tedioso, analizar, e que, por outra parte, xa foron analizadas en diversas ocasións, non se escriben obras literarias, escríbense premios literarios.”
2010: “O ano que andaron a mover os marcos”
“O 2010 é un ano inusual. Non sempre coincide unha maré literaria tan coherente e ao mesmo tempo tan distinta na escolla dos modelos narrativos. Os premios principais que se outorgaron o ano pasado non só valoraron os vimbios dunha narración e os seus valores literarios senón que fixeron unha aposta polo atrevemento, pola procura dun novo linde nas nosas letras, a risco de que os lectores quedasen un tanto descolocados.” O artigo completo pódese ver aquí: A Nosa Terra.
A novela en Construíndo a cultura 2000-2010
Iván García Campos: “Son un escritor de canteira”
Biografías e edición en Construíndo a cultura 2000-2010
“Ensaios sobre historia e memoria 2000-2010”
(Coñecendo a nosa historia recente e Século XXI, idade de ouro da memoria, en A Nosa Terra)
Xesús González Gómez: “Traducións ao castelán no tempo dos bárbaros”
Traballo de Xesús González Gómez, en que “Propón un borrador de historia das traducións de libros galegos ao castelán despois da Guerra do 36 até o asentamento definitivo da democracia. Editoriais que quixeron dar a coñecer o escrito na nosa lingua nun tempo no que se consideraba bárbaro incluso falala.”, publicado en A Nosa Terra.
A Nosa Terra: “Biblioteca da poesía 2000-2010”
Iolanda Zúñiga: “Débolle máis á linguaxe audiovisual que á literaria”
Entrevista a Iolanda Zúñiga en A Nosa Terra