“Co gallo do Día das Letras Galegas 2013, dende o servizo de Biblioteca da Fundación Barrié e a través da canle educativa educaBarrié convocamos o concurso Agasallo de luz en homenaxe á obra de Vidal Bolaño que integra a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
A proposta didáctica desta edición consiste na realización da webquest Agasallo de Luz, cuxa tarefa principal consite na elaboración dun texto teatral que teña como motivo principal o significativo Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo de 1856. O texto deberá representarse polo propio alumnado e gravado en vídeo.
A convocatoria diríxese a todos os centros de PRIMARIA, ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS de Galicia.
O concurso está dividido en dúas categorías:
– 1. Categoría A: Nenos e nenas de 8 a 13 anos de centros de primaria galegos e primeiros curso de ESO.
– 2. Categoría B: Mozos e mozas de 14 a 18 anos de centros de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de Galicia.
Os textos e a gravación da representación presentaranse en equipos dun máximo de oito membros e un mínimo de cinco.
Un mesmo centro pode presentar cantos equipos desexe de cada clase.
En todos os casos un/unha docente farase responsable da coordinación do traballo e aparecerá como coordinador/-ora do proxecto.
Descarga a webquest e o material didáctico para participar e le ben as bases do concurso que podes descargar aquí.
Os autores vídeo mellor valorado recibirán unha tablet, así como un lector de ebook para o docente coordinador.”