O venres 4 de febreiro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a quinta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e fotografía. Actuarán recitando poemas Berta Dávila, Emma Couceiro, Emma Pedreira e Yolanda Castaño en paralelo á música de Álvaro Muras e a intervención fotográfica de Begoña Pastoriza.
Arquivos da etiqueta: Álvaro Muras
A Coruña: estrea do proxecto de fusión artística Fuso Negro
O venres 28 de xaneiro, a partir das 20:30 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre, bota a andar o proxecto de fusión artística Fuso Negro, -nome quitado dunha personaxe de Ramón del Valle-Inclán-, que tenta ser un proxecto cultural, tipo spoken word, no que o poeta Xoán Abeleira, o baixista Álvaro Muras, o guitarrista Julio Cuns, o percusionista Karlos Barral e o batería Bruno Couceiro fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda. Recollemos esta entrevista publicada en Galicia Hoxe.