O 12 de maio finaliza a Feira do Libro de Porriño (na Rúa Ramón González), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para esa fin de semana:
Sábado 11
– 18:30 h. Concerto-presentación de Canta, miña pedra, canta, con Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 19:30 h. Coloquio: Antonio Palacios, patrimonio e historia, con Xosé Ramón Iglesias Veiga e Xosé Ramón Paz Antón
Domingo 12
– 18:30 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo (Guindastre Edicións). Posterior sinatura de libros na caseta da Secretaría.
– 19:30 h. Sinatura de libros: Ledicia Costas asina Infamia (publicada por Xerais) e outros libros na caseta da Secretaría.