
Arquivos da etiqueta: Xosé Ramón Paz Antón
Presentación de Tui. 1900-1936
Cambados: actos destacados do 22 de xuño na Feira do Libro 2019
O
22 de xuño finaliza a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 11:30 h. Ramón Caride asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
– 12:30 h. Antonio Magariños asina A escola do convento na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
– 18:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
– 19:00 h. Presentación-recital de Street Poems, de Fran Alonso, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación de Memoria da represión franquista en Cambados, publicado polo Concello de Cambados. Participan Víctor Caamaño, Tino Cordal e Quico Paz Antón.
– 21:00 h. Mesa redonda O Cambados da miña obra. Con Miguel Anxo Fernández, Sabela Pillado e Xosé María Vila Ribadomar.
Porriño: actividades destacadas do 11 e 12 de maio na Feira do Libro 2019
O
12 de maio finaliza a Feira do Libro de Porriño (na Rúa Ramón González), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para esa fin de semana:
Sábado 11
– 18:30 h. Concerto-presentación de Canta, miña pedra, canta, con Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 19:30 h. Coloquio: Antonio Palacios, patrimonio e historia, con Xosé Ramón Iglesias Veiga e Xosé Ramón Paz Antón
Domingo 12
– 18:30 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo (Guindastre Edicións). Posterior sinatura de libros na caseta da Secretaría.
– 19:30 h. Sinatura de libros: Ledicia Costas asina Infamia (publicada por Xerais) e outros libros na caseta da Secretaría.
