Desde Xerais:
“A escritora Ledicia Costas resultou gañadora do Premio Lazarillo de Creación Literaria 2017 que concede a OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil e Xuvenil cunha novela titulada Plumas e unicornios, que publicará Xerais. O premio, elixido entre un total de 68 obras, foille concedido ex aequo canda a obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón. O xurado estivo integrado por Xosé Antonio Perozo, copresidente da OEPLI, e por Nuria Ranz, Montse Pena, Arantxa Bea e Idoia Etxegoien, en representación das catro seccións territoriais da OEPLI; actuou como Secretaria, sen voz nin voto, Ana Cendán, Secretaria Técnica da OEPLI.
A novela de Ledicia Costas está ambientada no Londres victoriano e ten unha marcada estética steampunk. Un dos seus personaxes principais é Ágata, unha humana mecánica, e o seu robot Tic-Tac, que emprenden unha viaxe para salvarlle a vida ao máxico León, o seu grande amigo, sen saber que tras eles vai Jack o Destripador. Trátase dunha novela coral, onde o amor convive con sentimentos tan desgarradores como o odio ou a vinganza. Segundo o xurado, o texto crea un universo de fantasía orixinal poboada de poderosos personaxes. Unha representación da loita do ben o o mal nunha obra literaria extremadamente coidada. (…)”
Arquivos da etiqueta: Arantxa Bea
Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo 2015 na modalidade de Creación Literaria
O pasado día 13 de novembro fallouse en Madrid o Premio Lazarillo 2015, na súa modalidade de creación literaria, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cunha dotación de 2500 euros, da que resultou gañadora Ledicia Costas coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante.
Este prestixioso galardón, o máis antigo da literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo extinguido Instituto Nacional del Libro Español no ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para nenos e rapaces. Desde o ano 1986 é a OEPLI a encargada de convocalo anualmente, nas modalidades de “Álbum Ilustrado” e “Creación literaria”,
O xurado estivo integrado por Xosé Antonio Perozo, copresidente da OEPLI e por Arantxa Bea, Aurelio Erdozain, Ana María Navarrete e Antonio Manuel Fraga, designados por cada unha das catro seccións territoriais da OEPLI. Actuou como Secretaria, sen voz nin voto, Ana Cendán, Secretaría Técnica da OEPLI. O xurado destacou da obra gañadora: “Unha novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida e unha linguaxe literaria sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e ficción e dándolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura”.