O
venres 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva, 24), o Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A. C. Os Chichisos. No acto, acompañando ao autor, participan Rosalía Rodríguez e Paz Castro.
Arquivos da etiqueta: Ateneo de Pontevedra
Pontevedra: presentación da edición especial de Un misterio na mochila de Alba, de Fina Casalderrey
O
xoves 30 de xuño, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do edificio do Café Moderno de Pontevedra (Centro de Maiores Novacaixagalicia), preséntase a edición especial do libro Un misterio na mochila de Alba, de Fina Casalderrey, publicado na Editorial Oxford. No acto, organizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, acompañando á autora, Antonio Ventura, Xosé Cobas, Xabier P. DoCampo (escritor), Ana Isabel Sabarís e Óscar Ibáñez (gaiteiro).
Pontevedra: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
mércores 15 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Oliva, 24) de Pontevedra, preséntase o ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, organizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, acompañan ao autor Xoán Hermida e Antón Baamonde.
Pontevedra: presentación e lectura dramatizada de collage, de Esther F. Carrodeguas
O
venres 15 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva, 24), terá lugar unha lectura dramatizada sobre o libro collage, de Esther F. Carrodeguas (escritora e actriz), publicado pola editorial Barbantesa. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, intervirán a propia autora, Xisela Maneiro (actriz) e Carlos Gálvez (actor).