A tradución ao galego de Beowulf gaña por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos

“A tradución da obra Beowulf ao galego, elaborada por un profesor da Universidade de Vigo, e publicada por Rinoceronte, gañou por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos. De feito, esta é a primeira ocasión que o organismo outorga o seu galardón nacional a unha obra nunha lingua do país distinta do español. A versión galega do clásico da literatura medieval Beowulf foi realizada polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, Jorge Luís Bueno, quen a traduciu do inglés antigo. Co seu premio –que ten 25 anos de existencia–, a Asociación Española de Estudos Anglo-Americanos ten o obxectivo de promover a tradución e estimular aos tradutores que, sen ser profesionais, realicen unha obra de certa envergadura, caracterizada pola seriedade, o rigor científico e a calidade literaria.” Vía Galicia Hoxe.