Celeiro (Viveiro): Océano para terrícolas, performance interactiva de Xurxo Souto sobre Contos do Mar de Irlanda

CELEIROO xoves 17 de setembro, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural A Casa do Forno de Celeiro (Viveiro), o colectivo Chilindrín Penalba presenta Océano para terrícolas, performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do Mar de Irlanda, publicado en Xerais. O acto será presentado por Bernardo Fraga.