Gondomar: Elvira Ribeiro, no Clube de Lectura Lendo Contigo, con PAlAbrAs brAncAs

Oelvira_riveiro_tobio sábado 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova sesión do Clube de Lectura compartida Lendo Contigo, onde o público asistente se mergullará na poesía coa obra PAlAbrAs brAncAs e coa compaña da súa autora, Elvira Riveiro. O Lendo Contigo está aberto a nenos e nenas a partir de 7 anos e ás súas familias.

Gondomar: 450 nenos e nenas participan nun contacontos e nun concerto de Mamá Cabra

EsteEspazo Lectura xoves 12 de novembro 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor vanse achegar a Gondomar para asistir a dúas actividades organizadas por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar: un contacontos a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás na biblioteca municipal e un concerto do grupo Mamá Cabra no auditorio Lois Tobío. Estas dúas actividades enmárcanse nunha xornada de achegamento á biblioteca municipal e de fomento da lectura que Espazo Lectura organiza desde hai varios anos coa colaboración do Concello de Gondomar.
A biblioteca municipal acollerá ao longo da mañá do xoves 12 tres pases do espectáculo de contos “A maleta da avoa”, a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás. Ademais, no auditorio municipal haberá dous pases dun concerto do grupo de música infantil Mamá Cabra, que este ano celebra o seu 15º aniversario. Os 450 nenos e nenas aistirán ás dúas actividades, organizados en quendas que lles permitirán tamén gozar dunha mañá de lecer e convivencia no espazo do Parque da Coelleira.

Gondomar: María Canosa inaugura a nova tempada do Lendo Contigo

OMaría Canosa sábado 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, o club de lectura compartida Lendo Contigo comeza unha nova tempada na compañía de María Canosa e a súa obra Rubicundo (Xerais), na que coñeceremos a un interesante personaxe e nos achegaremos ao mundo das hipóteses e da fantasía. Esta actividade está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e ás súas familias.

Gondomar: Pere Tobaruela no Clube de Lectura Lendo Contigo, con Formig4s. Misión París

“OPere Tobaruela sábado 31 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formig4s. Misión París, o primeiro volume da serie Formig4s, creada polo escritor Pere Tobaruela e o ilustrador Andrés Meixide, publicada por Edicións Xerais. A actividade contará coa presenza do seu autor.”

Gondomar: Xurxo Souto visita o Clube de Lectura Sete Vidas con Contos do mar de Irlanda

OXurxo Souto martes 2 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, Xurxo Souto visita o Clube de Lectura Sete Vidas para falar sobre o seu libro Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais.

Gondomar: Antonio García Teijeiro no club de Lectura Lendo Contigo

O sábado 29 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, o club de lectura compartida Lendo Contigo de Espazo Lectura contará coa presenza do poeta Antonio García Teijeiro, autor da antoloxía de poemas proposta para este mes no club: Un rato díxolle á lúa (Xerais, 2013).