A cuarta feira, 6 de xullo, ás 20:30 horas, no Centro Social A Gentalha do Pichel, (Rúa Santa Clara, nº 21) de Santiago de Compostela, preséntase a Breve Antologia Poética de Ernesto Guerra da Cal, editada por Carlos Durão, e da páxina dedicada ao centenario do escritor. No acto, organizado pola Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, dentro de éMundial, no que a AGAL celebra os trinta anos da súa existencia, intervirán Concha Rousia e Joám Evans.