Arquivos da etiqueta: Certame de Relatos da Sociedade Liceo de Noia
Bases do XVIII Concurso de Relatos Liceo de Noia
Bases do XVII Concurso de relatos Liceo de Noia
XVI Concurso de Relatos Liceo de Noia
Bases do XV Concurso de Relatos Liceo de Noia
Bases do XIV Concurso de Relatos Liceo de Noia
Bases do XIII Concurso de Relatos Liceo de Noia
Bases do XII Concurso de Relatos Liceo de Noia
Coñécense os gañadores do X Premio de Relatos Curtos da Sociedade Liceo de Noia
“O xurado do X Premio de Relatos Curtos da Sociedade Liceo 2014, formado por Antón Riveiro Coello, Xerardo Agrafoxo e Pedro García Vidal, reunido en Noia o 30 de abril de 2014, decidiu outorgar o premio ás obras presentadas baixo os lemas Valmet e O único que sei é que non sei nada.
O xurado considera que Valmet é un relato cunha lingua narrativa ricaz e unha tensión dramática moi eficaz. Cunha estrutura argumental contemporánea o autor sitúanos diante do problema do mal que espreita a dúas persoas.
Considera tamén que O único que sei é que non sei nada, amosa cunha lingua exquisita a “búsqueda da luz” e a búsqueda de quen somos. Cunhas imaxes poderosas o autor trata do problema da identidade e os obstáculos que atopamos no horizonte cando loitamos por un final longamente ansiado.
Abertas as correspondentes plicas, os autores das devanditas obras resultaron ser Valmet, de Xerardo Vidal e Nun principio estaba cego, de Tito Pérez Pérez.
A Secretaria,
Asdo. María José Villaverde Crespo.”