Convocado a 14ª edición do Concurso Relatos de Verán das Páxinas Literarias de La Voz de Galicia

1.- La Voz de Galicia, S.A. e Canal Voz, S.L. convocan a 14.ª Edición dos Relatos de Verán das Páxinas Literarias que se publicarán ao longo dos 31 días de agosto do 2013. Establécense dous premios, un para os participantes menores de 16 anos e outro para os que superen esa idade.
2.- Poderán participar todas as persoas que o desexen, con relatos en galego ou en castelán, sempre que sexan inéditos e que se axusten ás seguintes condicións:
· A dimensión dos textos non poderá exceder de 25 liñas mecanografadas de corpo 11 (uns 2.100 caracteres con espazos incluídos).
· Os orixinais deberán acompañarse cos datos do autor (idade, nome, D.N.I., dirección, teléfono, profesión e, a ser posible, unha breve indicación biográfica e fotografía tamaño carné) e co texto en soporte informático. Para participantes menores de 14 anos, os
textos e datos do autor deberán ser remitidos polos seus pais ou titores legais, acompañando así mesmo os seus datos (nome, D.N.I., dirección, teléfono de contacto), en sinal de autorización para participar no premio nos termos que se indican nas presentes bases.
3.- As obras deberán enviarse á dirección de correo «14.ª Edición dos Relatos de Verán de La Voz de Galicia (Premio dos Lectores). Avenida da Prensa, parcelas 84 e 85. Polígono Industrial de Sabón (15142) Arteixo (A Coruña)», ou por correo electrónico (e-mail) a relatos@lavoz.es.
4.- O prazo de presentación de orixinais é o comprendido entre o 14 de xuño e o 15 de xullo do 2013, ambos incluidos.
5.- Un xurado designado pola organización do premio seleccionará, entre todos os recibidos, aqueles relatos que serán publicados ao longo do mes de agosto do 2013 nas Páxinas Literarias de La Voz de Galicia e, simultáneamente, na páxina web.
6.- Establécense dous premios, un para os participantes que aínda non teñan os 16 anos cumpridos e outro para os que superen esa idade.
7.- Os lectores, a través dos cupóns que o periódico publicará ao efecto, poderán votar os relatos dos lectores que consideren mellores en cada unha das categorías. Os autores gañadores en cada categoría faranse públicos en setembro do 2013.
8.- O autor de ata 15 anos (incluídos) que acade maior puntuación polo seu relato recibirá un Libro electrónico Papyre 601 6”.
9.- O autor de 16 ou máis anos que acade maior puntuación polo seu relato será obsequiado con un iPad Mini 16 GB + 4G.
10.- Todos os remitentes dos cupóns que participen na votación entrarán no sorteo dunha selección da editorial Biblos Clube de Lectores.
11.- Os premios estarán suxeitos á normativa do IRPF e, en particular, á retención ou ingreso a conta que legalmente corresponda a conta do devandito imposto.
12.- Os participantes responsabilízanse da autoría real e orixinalidade dos relatos, así como dos seus contidos, que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos de terceiros. O feito de participar no premio implica a cesión non exclusiva polos autores a La Voz de Galicia, S.A. dos dereitos de explotación sobre os relatos, incluindo os dereitos de reproducción, recopilación en libro, transformación, distribución e comunicación pública, para todo o mundo, polo máximo prazo de tempo que recoñece a lei aos titulares dos dereitos e por calquera medio ou soporte.
13.- Os datos remitidos polos autores e os remitentes dos cupóns de votación incorporaranse ás bases de datos de La Voz de Galicia, S.A. Ao participar, os anteriores consenten expresamente que La Voz de Galicia, S.A. trate os seus datos para xestionar o premio e ofrecerlles periodicamente información sobre os seus produtos, actividades, servizos e accións, aínda logo de finalizada a actuación. Igualmente, o consentimento outorgado considérase prestado para ceder os seus datos a outras empresas do Grupo ao que pertence La Voz de Galicia, S.A. relacionadas cos sectores editorial, de medios de comunicación e investigación de mercados, mercadotecnia e opinión, que pode atopar referenciadas na web, co fin de informar dos seus produtos ou servizos e facer ofertas comerciais. Os autores poderán en calquera momento oporse, acceder, cancelar e rectificar os seus datos ou oporse ao seu tratamento con fins promocionais a través do e-mail lopd@lavoz.es ou dirixíndose á dirección indicada no apartado 3, acreditando debidamente a súa personalidade (ou, no seu caso, a súa condición de representante legal). Os nomes, idade, biografía e imaxe dos autores poderán ser obxecto de comunicación pública nas actuacións que poida levar a cabo La Voz de Galicia, S.A., sempre que a comunicación pública estea relacionada coa súa participación no premio.
14.- A participación nesta convocatoria implica a total aceptación das súas bases. Os organizadores do concurso resérvanse o dereito de interpretalas ante calquera dúbida que puidese xurdir.”

Redelibros convoca o I Certame de Relatos de Verán

BASES

Requisitos. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos, de calquera nacionalidade. Cada autor poderá presentar un máximo de dous relatos, sempre que sexan orixinais e inéditos. As obras poden estar escritas en galego ou castelán e en forma narrativa. A extensión mínima dos relatos é de 4.000 matrices (caracteres con espazos) e máxima de 10.000 (entre 2 e 6 páxinas estándar).
Temática. Evidentemente, o verán. As historias que saen á luz coa calor, as vacacións, o tempo de lecer. O verán urbano, o verán de praia, o verán na naturaleza. A vida despexada (ou non) da estación da calor.
Presentación das obras. Para participar no certame, o/a autor/a deberá rexistrarse como usuario na Redelibros. Para presentar os relatos, deberá publicalos na sección Textos da rede social e seleccionar, no momento de facelo, a categoría Relatos de verán creada ao efecto.
Votacións. Concordando coa filosofía participativa da rede, os relatos subidos serán votados e comentados por todos os usuarios de Redelibros que así o desexen mediante o sistema de valoración por estrelas que aparece na parte inferior de cada texto subido. Só entrarán na selección final os relatos que teñan un mínimo de cinco valoracións de usuarios. Por este método elixiranse os dez primeiros clasificados. Paralelamente, un xurado elixido por Redelibros seleccionará dous relatos máis (que poden coincidir ou non cos máis votados). O anuncio definitivo dos seleccionados farase 21 de setembro de 2012.
Prazo de admisión. O prazo de admisión dos relatos comprenderá dos días 21 de xuño ao 31 de agosto de 2012. O prazo de votación comprenderá dende o mesmo 21 de xuño ata o xoves 20 de setembro.
Premios. Os relatos seleccionados serán publicados por Redelibros nun volume en formato epub e distribuídos de balde na rede. O autor do relato que obteña a valoración máis alta por parte dos redelibreiros recibirá ademais un ereader (libro electrónico).
Propiedade. Redelibros resérvase o dereito de edición e publicación da edición do volume seleccionado. Non obstante, os autores conservarán todos os dereitos sobre os seus traballos e serán libres de editar ou publicar os seus relatos de calquera outra forma ou con calquera outra editorial. No caso de que as obras premiadas sexan obxecto de posteriores publicacións, deberán levar en lugar visible a reseña de que foron Premio do I Certame de Relatos de Verán convocado por Redelibros.
Organización. A organización resérvase o dereito de tomar iniciativas non reguladas nestas bases, sempre que considere que poden contribuír a un maior éxito do certame.

En Galiza, a 20 de xuño de 2012.