Arquivos da etiqueta: Cocaína
Xabier López publica Cocaína, historias da posguerra en formato breve
Entrevista a Xabier López no Diario Cultural da Radio Galega:
“A editorial Menino Morreu publica a última achega narrativa de Xabier López, desta vez en formato breve. Cocaína lévanos á Asturias da posguerra a través de historias sobre un futbolista de terceira división, un guerrilleiro cunha misión insólita ou un médico autodestrutivo. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Betanzos: presentación de Cocaína, de Xabier López
O 21 de abril, ás 19:30 horas, na Libraría Biblos de Betanzos (Rúa Santiago, 4), Xabier López presenta Cocaína, editado por Menino Morreu.