Salvaterra: XXXI Festival de Poesia no Condado

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza o XXXI Festival da Poesia, que este ano está dedicado ao río Miño. Dentro do seu programa destacamos os seguintes actos literarios:

Venres 1
21:00 h. Noite nas Minas. Fran Alonso. Recital poético previo ao concerto de Branta. Esta é a única actividade de pagamento do festival; as entradas custan 10 euros (8 para pessoas desempregadas) e poden reservarse chamando ao 605676572 ou no correo info@scdcondado.org.

Sábado 2
13:30 h. Sessom Vermute, con Leo i Arremecághona, Marga Tojo e Vítor Vaqueiro.
19:00 h. Poesia. Abordagem poética: Comando Esbardalle e Catarina Fernandes.
20:30 h. Poesia & Música. Presenta Isabel Risco.
Recitan: Charo Lopes, Francisco Xosé Fernández Naval, Miriam Ferradáns, Rebeca Baceiredo, Lorena Conde e Marilar Aleixandre.
Música: De Outra Margem, Esposa, Os Diplomáticos de Monte Alto e Sacha Na Horta.

A Coruña: Poemas sen (ser)tido, de Carlos da Aira

O11112806_701542433309964_4127157277517065160_n venres 19 de xuño, ás 22:00 horas, na Repichoca (Rúa Orillamar, 13) da Coruña, terá lugar un recital poético a cargo de Carlos da Aira, baixo o nome Poemas sen (ser)tido, coa colaboración de Pandereteiras sen Fronteiros, Silvia Penide, Mila da Aira, Comando Esbardalle, Eloy e Zapa, e fotografías e ilustracións de Diana Fajardo, Javier Calleja e David Silva.