O xoves 3 de xullo, ás 00:30 horas, na Salasón de Cangas, María Lado e Lucía Aldao protagonizan Con dez poemas con barba, cabaré lírico cheo de poesía, historias e cancións e pensado para emocionar a aqueles que odian a poesía. O acto enmárcase na XXXI edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
Arquivos da etiqueta: Con dez poemas por barba
Ourense: comeza a Feira do Libro 2013
O martes 4 de xuño comeza a edición de 2013 da Feira do Libro de Ourense (na Alameda, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
Martes 4
– 18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Presentación do libro As pontes do ego sum, de José Manuel Ledo, publicado pola editorial Ir Indo. Participarán no acto Xelasio Suárez, director da editorial e o autor.
– 20:00 h. Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música de Ourense. Intervencións institucionais. Dentro da programación inaugural, actuación de María Lado e Lucía Aldao, co seu espectáculo de poesía, historias e música Con dez poemas por barba.
O Porriño: Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao
O venres 12 de abril, ás 23:30 horas, no Pub Liceum do Porriño (Rúa Ramón González, 16), terá lugar o recital poético e musical Con dez poemas por barba, coa participación de María Lado e Lucía Aldao. O prezo da entrada é de 4 euros (2 para as persoas socias do Pub).
A Laracha: Con dez poemas por barba, con María Lado e Lucía Aldao
O sábado 6 de abril, ás 23:30 horas, no Pub D’Antón da Laracha, terá lugar o recital poético e musical Con dez poemas por barba, coa participación de María Lado e Lucía Aldao. O prezo da entrada é de 3 euros.