Desde o Concello de Ares:
“O pasado 5 de xuño, o xurado da I Edición do Premio de Novela Curta Alén do Concello de Ares anunciou que a gañadora é Nones Araújo, profesora e escritora afincada en Vigo cunha destacada traxectoria literaria e varios premios no seu haber. O premio ascende aos 2.000 euros e conleva a posterior publicación da obra. A súa presentación será o 19 de agosto dentro da programación do VI Ares Indiano.
A novela premiada, titulada A Madriña, foi elixida por unanimidade polo xurado, composto pola profesora ad honorem da Universidade de Santiago, Blanca Roig Rechou, a profesora da Universidade de Vigo, Mª del Mar Fernández Vázquez, e a directora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez Herrera. O xurado destacou a calidade literaria e a profundidade temática da obra.
A Madriña relata en primeira persoa a vida da protagonista, quen lembra a súa historia a partir das consecuencias da emigración familiar. O xurado destacou as citas iniciais de cada capítulo, a riqueza do léxico empregado, o ton e ritmo do relato, as oracións sentenciosas e os dobres sentidos, así como o manexo das referencias culturais. Da mesma maneira, eloxiouse o uso dunha linguaxe que respecta as diferenzas de xénero e a habilidade da autora para plasmar os trazos dos personaxes e ambientes. (…)”
Arquivos da etiqueta: Concello de Ares
Bases do I Premio de novela curta Alén do Concello de Ares
Ares: presentación de Teorías do fin, de Antonio Seijas
Ares: presentación de Pasaba por alí. E quedei un intre, de Xoán Rubia
Ares: presentación de Libres e vivas
Ares: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
Ares: presentación de O soño da serpe, de Antonio Seijas
Ares: presentación da triloxía Evanxélica memoria, de Xavier Alcalá
Ares: presentación de Cartas de inverno, de Antonio Seijas
O
xoves 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Alianza Aresana (Rúa María, 11) de Ares, preséntase a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na obra homónima de Agustín Fernández Paz, publicada en Xerais. No acto, xunto aos autores, participa Julio Ignacio Iglesias Redondo e Manuel Bragado.








