A Xunta non convocará os certames Xuventude Crea este ano

“Nin banda deseñada, nin premio Tesoira de novos deseñadores, nin teatro nin música nin poesía nin videocreación. Como xa temían moitos sectores por mor do atraso na súa convocatoria, Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos, non se convocará este ano en ningunha das súas categorías. Segundo confirma a Consellaría de Traballo e Benestar, os galardóns considerados dos máis importantes e mellor dotados do país nos seus diferentes ámbitos, sofren tamén os recortes orzamentarios e están nunha fase de reformulación. Desde a Consellaría sinalan que aínda non está decidida a fórmula da convocatoria para 2012, a contía nin as categorías que se desenvolverán.” Vía Cultura Galega.

Convocatoria dos Premios Xuventude Crea 2010

A Consellería de Traballo e Benestar convoca os Premios Xuventude Crea, que inclúen as especialidades de representacións teatrais, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos, destinados a rapaces entre 16 e 30 anos. O prazo remata, en todas elas, o 31 de agosto de 2010.

– Premio de poesía: as obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema e a técnica serán libres. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 250 versos a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD, nas oficinas da Consellería de Traballo de A Coruña, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense; ou ben nas Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol. Dotación: 1º premio de 3.000€, 2º premio de 1.500€ e 3º premio de 1.000€.
– Premio de relato breve: as obras serán orixinais, inéditas e en galego. O tema será libre. As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión máxima de 30 páxinas, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD, nas oficinas da Consellería de Traballo de A Coruña, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense; ou ben nas Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol. Dotación: 1º premio de 3.000€, 2º premio de 1.500€ e 3º premio de 1.000€.

Máis información na convocatoria oficial.