Arquivos da etiqueta: Daniel Hermosilla
Pontedeume: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
A Pobra do Caramiñal: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
A Coruña: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
Vilalba: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
Bértoa, Carballo: conversa sobre o libro Galicia, distrito industrial
Compostela: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
Antón Baamonde e Daniel Hermosilla: “A imaxe que os propios galegos creamos de Galicia como un país atrasado e sen industria fainos perder posibilidades”
Entrevista de Marcos Pérez Pena a Antón Baamonde e Daniel Hermosilla en Praza:
“(…) – Praza (P): Primeiro de todo, quería saber como nace este libro e, ademais, como xorde este encontro entre os dous: un empresario do sector dos prefabricados do formigón e un ensaísta e licenciado en Filosofía?
– Antón Baamonde (AB): O libro foi unha iniciativa de Daniel que parte, en realidade, do meu anterior libro. Despois dunha presentación de Unha nova Olanda comezamos a falar e el comezou a debullar unha chea de empresas galegas punteiras das que en moitos casos eu non tiña idea. E sinalou que sería boa idea publicar un libro que espallase a idea de que Galicia é algo moi distinto do que moita xente pensa que é, algo que enlazaba perfectamente co que eu estaba contando en Unha nova Olanda.
Galicia non é o que moita xente ten na cabeza, o marco mental ten que ser transformado. Eses estereotipos non son en absoluto válidos co que Galicia é na actualidade, pero tampouco co que Galicia era hai unhas décadas e, de feito, hai moitas análises que xa veñen corrixindo aquelas visións erradas. A realidade é que Galicia leva moito tempo sendo un país moi semellante a calquera territorio da nosa contorna europea.
– P: Para ben e para mal…
– AB: Para ben e para mal, efectivamente, porque ás veces hai unha concepción excesivamente amable do que é Galicia e do que foi o pasado de Galicia. Ou se pensa Galicia como un territorio atrasado onde nada moderno pode desenvolverse, ou como todo o contrario. Este empirismo, este intento de ter unha visión máis real e máis próxima á realidade, supón a destrución de determinados mitos que están moi establecidos e que fan que mesmo a día de hoxe non sexamos capaces de recoñecer o país que temos diante.
Unha Nova Olanda buscaba constatar o que todos os datos afirman: que Galicia é unha sociedade urbana e que é urbana non só a sociedade da Coruña ou Vigo, senón a de calquera concello. Integrar iso no esquema mental parecíame importante. E tiña, ademais, un lado proactivo e propoñía tecer en Galicia unha rede urbana, semellante á existente nos Países Baixos, onde non hai unha gran cidade como Madrid senón unha rede de cidades que se complementan e compiten e multiplican os contactos e as posibilidades de todas elas. As cidades son laboratorios de creación de ideas, de xeración de valor, as cidades son o lugar, como dicía Jane Jacobs, o lugar no que pasan as cousas. (…)”