
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Barro: presentación de Vidas e historias LGBT da Idade Media, con Carlos Callón
Santa Comba: presentación de As superviventes, de Ramón Caride
Ourense: presentación de A vinganza de Paquiño Jackson, de Alba Guzmán
Compostela: presentación de Manual de camuflaxe, de Samuel Merino
Vigo: Alba Guzmán e Manuel Esteban conversan sobre as súas obras A vinganza de Paquiño Jackson e A lei do mar
Ourense: presentación de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino
Miguel Calvo faise co V Premio Literario Pinto e Maragota
Desde Cultura Galega (foto: Concello de Pontevedra):
“O Concello de Pontevedra e Edicións Xerais daban a coñecer este 22 de outubro o fallo da quinta xeira do Premio Literario Pinto e Maragota. Miguel Calvo Marques impúxose neste certame centrado na diversidade sexual e de xénero que conta cunha dotación de 3.000 en metálico.
A obra, As esquinas, seleccionada entre 38 presentadas, “fala da violencia dunha vítima da violencia machista na nenez, mais tamén de saúde mental, autolesións, a necesidade de atopar vías de escape á dor. E introduce, dun xeito, testemuñal, a vergoña e a marxinación do protagonista dentro da familia polo feito de ser homosexual”.
Segundo apunta o Concello, “ademais de valorar a calidade literaria e riqueza lingüística da obra, o xurado destacou o carácter poliédrico da novela, na que numerosos personaxes, animais e obxectos se unen para contar unha historia chocante”.”
Bueu: presentación de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino
Ledicia Costas gaña o Premio San Clemente por ‘Pel de cordeiro’
Desde Cultura Galega:
“O XXIX Premio Arcebispo Juan de San Clemente, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e mais da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xa teñen novelas gañadoras nas súas tres categorías: Misericordia, da portuguesa Lídia Jorge, editado por La Umbra y la Solana na súa edición en castelán, fíxose co galardón no apartado de novela en lingua estranxeira; Pel de cordeiro (Edicións Xerais), de Ledicia Costas, acadou o galardón no apartado de lingua galega, e La península de las casas vacías (Ediciones Siruela), de Davíd Uclés, foi recoñecido co premio en lingua castelá.
O fallo do xurado, conformado polo alumnado de bacharelato de seis institutos galegos, un madrileño e tres europeos, deuse a coñecer esta mañá no salón de claustros do IES Rosalía de Castro. Os centros participantes desta edición foron: IES Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra), IES 12 de Outubro (Ourense), IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña), IES Sanxillao (Lugo), IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), o IES Ramiro de Maetzu (Madrid), o Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemaña), o Hockerill Anglo European College (Reino Unido) e o propio IES Rosalía de Santiago.
Segundo o xurado, os motivos que levaron a premiar a obra Misericordia, de Lídia Jorge, foron “o lirismo que atravesa o texto”, o “retrato da beleza do cotiá que ofrece” e pola “visión renovada sobre os nosos maiores”. No relativo da novela en lingua castelá para La península de las casas vacías, de David Uclés, o xurado gabou “a ambición de novela total” que presenta este libro, así como a súa orixinalidade ao empregar “o realismo máxico” e o “multiperspectivismo” para “abordar a memoria histórica”. Finalmente o xurado en lingua galega, recoñeceu a obra Pel de Cordeiro, de Ledicia Costas, destacando a súa “singular estrutura e a súa prosa áxil” que permite “facer de todo o fantástico verosímil”. O xurado concluíu que era unha “obra completa” que brindaba un retrato orixinal e necesario dos vínculos entre mulleres. “






