Finalistas do XVII Frei Martín Sarmiento

Desde o blog do Premio Literario Frei Martín Sarmiento:
“Tras convocarse a próxima edición do certame literario que cada vez suma máis lectores e lectoras entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas, estas son as obras que resultaron finalistas na súa décimo sétima edición. No mes de abril de 2021 coñeceremos os gañadores e terá lugar o acto de entrega de dito galardón aos recoñecidos:
INFANTIL
– A fraga do meu avó. Mamá Cabra. Galaxia.
– Se che pica un mosquito. Jordi Gastó. Kalandraka
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
– Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Henrique López. Hércules de Ediciones
– A banda de Raimunda. Pablo Nogueira. Baía
2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)
– Animalia. 2 Branco. Xosé Tomás. Xerais
– Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido. Fermín Solís. El Patito Editorial.
3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)
– Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. Xerais
– Os Peloteiros. Patricia Mallo. Galaxia
4ª CATEGORÍA
– Unha cidade chamada perfecta. Helena Duggan. Traducida por Moisés Barcia Rodríguez. Sushi Books
– Maneiras de vivir. Luis Leante. Traducida por Belén Rodríguez Suárez. Rodeira-Edebé
5ª CATEGORÍA
– Aqueles momentos que perdemos. Xavier Estévez. Oqueleo
– Ardora. Beatriz Maceira Abeleira. Urco Editora.
6ª CATEGORÍA
– Beleza Vermella. Arantza Portabales. Galaxia
– Os nomes do vento. Juan Andrés Fernández. Fervenza.”

Elba Pedrosa: “Diría que son unha escritora intimista, que tento facer “escrita dende a alma”, e engado tamén “dende o silencio””

Entrevista a Elba Pedrosa en Palabra de Gatsby:
“- Palabra de Gatsby (PG): Cal é o xerme de O que non sabías (Xerais, 2020)?
– Elba Pedrosa (EP): A necesidade que temos as persoas de atopar toda a verdade da nosa vida, para rematar de vez coas inquedanzas que deixan os misterios, ás veces agochados nas familias, dunha xeración para outra sen que ninguén saiba nada. Neste caso, o silencio que arrodea aos segredos familiares tórnase abondo insoportábel. Silencios por mor, tamén, dos prexuízos e acoutamentos da época na que se desenvolve a historia. Aínda que hoxe, se cabe, podería suceder do mesmo xeito.
Ademais desta necesidade de comprender e atopar sentido de vida, a voz da muller tamén empurrou moito de min para escribir O que non sabías. Sentín que tiña que ser protagonista e contar, neste traballo, os seus segredos.
– PG: Como valora o proceso de escrita desta historia?
– EP: Diría que, pola miña banda, foi unha grande oportunidade de aprendizaxe, xa que logo é primeira novela e primeira escrita longa en galego. Supuxo un proceso de creatividade en incremento. Aínda que abordei a escrita cun esquema inicial, onde todos os cabos asemellaban ben anoados, xurdiron tensións novas, ata cambios de perspectiva sobre algún asuntos. Falo de anos de concentración e case que obsesión no manuscrito, momentos da cabeza a bulir, tamén de documentación e observación activa e, dende logo, dunha alta implicación emocional. Non son quen de abranguelo doutro modo.
– PG: Primeiro título que escribe en galego e debuta cunha das editoras máis importantes do país. Cales son as súas sensacións?
– EP: Non podo estar máis satisfeita, gratificada, agradecida. Cando andaba na procura dunha editora, sabía que non sería doado acadar a súa atención e confianza. E dende logo non foi. Mais tiña que contar esta historia, e quería facelo tamén na nosa lingua, porque a mensaxe acadaba toda a forza. Nalgún momento estiven a piques de deixala na gabeta e esquecela. Un día o meu editor chamoume para dar a boa nova. Estaba xa esgotada, pero aínda tiven folgos para soltar unha gargallada e mesmo chorar un pouco, si. Xerais é unha das editoras máis serias e profesionais que temos. Síntome moi valorada. (…)”

Anxo Fariña le un fragmento de Os Megatoxos e a Batalla de Rande

Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Os Megatoxos e a Batalla de Rande, por parte do seu autor, Anxo Fariña, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

Henrique Dacosta le un fragmento da súa obra Illas a sotavento

Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Illas a sotavento, por parte do seu autor, Henrique Dacosta, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

Ledicia Costas le un fragmento de Infamia

Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Infamia, por parte da súa autora, Ledicia Costas, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

Marilar Aleixandre le un fragmento de Ovella descarreirada

Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Ovella descarreirada, por parte da súa autora, Marilar Aleixandre no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

Ramón Vilar Landeira le un fragmento de Un peixe no parqué

Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Un peixe no parqué, por parte do seu autor, Ramón Vilar Landeira, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.