Escena para Todas 2021 é unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación da Coruña.
Escena para todas quere promover o coñecemento e o uso da literatura galega nas aulas do país, poñendo en contacto ao estudantado con contidos que están fóra do currículo escolar e ofrecendo unha referencia de actividades ao profesorado. Co teatro como protagonista, este proxecto da AELG pretende que a rapazada perda o medo ao ir ao teatro e se anime a pasar das aulas aos patios de butacas.
A achega de Escena para todas vén de man do crítico teatral, xornalista e escritor Camilo Franco, que explica algunhas das razóns prácticas para ser espectadoras/es activas/os a partir de tres fragmentos da obra Só un home bo, de Raúl Dans, que o alumnado tamén pode ver en liña.