O domingo 10 de maio bota a andar a edición de 2015 do Festiletras, cos seguintes actos literarios destacados:
– 12:35 h. Pregón inaugural, por Víctor F. Freixanes.
– 18:30 h. Os Quinquilláns representan, na Fundación Eduardo Pondal, a súa xa famosa adaptación do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas, en dous pases que contarán coa participación do escritor e académico da lingua crucense e mais cun obradoiro a cargo de Xosé Vizoso, ilustrador do libro.
Arquivos da etiqueta: Espantallo amigo
Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, traspasa formatos
Desde El Correo Gallego:
“Pasaron xa máis de catro décadas dende que Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas viu a luz. Lonxe de esmorecer, o texto reinvéntase con cada nova adaptación teatral. A derradeira, a aposta da compañía Os Quinquilláns, conxuntamente coa Editorial Galaxia, que se estreou en sete concellos en decembro pasado dentro do programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura Nadal na Rede. Agora, o texto neiraviliano traspasará formatos e espera convertirse nunha película de animación. O guionista e director cubano de debuxos animados, Ernesto Padrón, autor da longametraxe animada Meñique, quere converter Espantallo amigo nunha das súas xenuinas obras. Así llo transmitiu ao escritor de Gres (Vila de Cruces) hai unhas semanas.
Segundo explica Neira Vilas, Ernesto Padrón remitiralle unha proposta de animación para que o autor do libro faga as súas aportacións. Xa adianta o escritor que presumiblemente o director cubano cambie o final da historia, por outro máis feliz. “Di que lle parece moi triste. Pola miña banda, non lle poño trabas”. Segundo Neira Vilas, a Padrón gustoulle a humanidade do espantallo, e os valores que se tratan no libro, como a solidariedade, a concordia e a harmonía humana. Valores dignos de ser transmitidos a formato de debuxos animados.”