Desde a Deputación da Coruña:
“O XXXVII Premio Torrente Ballester de narrativa, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña, xa ten gañadores. Na modalidade en galego, o premio recaeu en José Montaña Louzao, ‘Estro Montaña’ (Betanzos) pola novela Non hai paz no paraíso, mentres que na modalidade en castelán o galardón foi para Pablo Escudero Abenza pola obra Biblioteca familiar.
O galardón busca recoñecer a excelencia narrativa tanto en lingua galega como en castelán, consolidándose como un referente literario. O premio está dotado con 15.000 euros para cada modalidade.
O xurado da modalidade en galego, composto por Ismael Ramos, Lara Dopazo, Ana Varela, Manuel Esteban e Loli Rodríguez (gañadora da pasada edición), salientou da obra gañadora o estilo coidado e o uso dunha linguaxe moi rica en matices. A peza ofrece un percorrido histórico pola sociedade galega da primeira metade do século XX, a través dunha serie de personaxes poliédricos que reflicten a complexidade política e social da época. (…)”
Arquivos da etiqueta: Estro Montaña
Vigo: coloquio arredor do Boletín Literario Mindoniense, con César Cunqueiro
Vigo: presentación de Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña
Cangas: presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte, de Xesús Alonso Montero e A rosa do viño, de Xavier Castro
Dentro das actividades da Feira do Libro de Cangas, o venres 23 de xullo ás 19:30 preséntase a segunda edición de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso M
ontero, publicado por Xerais. No acto participan Manuel Bragado e o propio autor.
No mesmo día, ás 20:30 h., Xavier Castro presentará A rosa do viño, publicado en Galaxia, acompañado por Víctor F. Freixanes e Estro Montaña.


