18.00 A feira dos nenos. A compañía de teatro A Loca Motora, representará a súa obra O telderete da cachifallada, con Eva Vila e Zezilia Meléndrez.
19.00 Presentación e lectura teatral do libro Valentino Rufino e Akil Pillabán de viaxe a Milán e van sen un can de Roberto Salgueiro, publicado por Baía Edicións.
19.00 O escritor Tikara Otomo asinará ejemplares do seu libro Sala de espera, publicado pola editorial Iro Iro.
19.30 Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
20.00 Editorial Galaxia presenta o libro A cociña de Larpeiros, de Benigno Campos.
21.00 O escritor Xosé Neira Vilas, presenta o seu libro Lóstregos, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.
Arquivos da etiqueta: Feira do Libro da Coruña
Feira do Libro da Coruña: programa do luns 3 de agosto
18.00 A feira dos nenos. Contacontos musical: Historias da fraga encantada, con Fátima e Servando Barreiro.
19.00 Presentación do libro O trasmundo de Antioquia, de Rafael Laso, publicado por Edicións Do Cumio. Xunto co autor, participará no acto o representante da editorial Cándido Meixide.
19.30 A escritora Elisa Vázquez de Gey asinará exemplares do seu libro La princesa de Kapurthala, publicado pola Editorial Planeta.
19.30 Os escritores Xulio Valcárcel (Lúa de xemas frías. Antoloxía de poesía mapuche), Alfredo Ferreiro (Metal central) e Luís G. Soto (O espíritu da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.
20.00 Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
21.00 O escritor Xavier Alcalá, presenta o seu libro Habana flash, publicado pola Editorial Nowtilus. Acompañarán ao autor os prologuistas das edicións en castelán e galego do libro, Marcelino Fernández Mallo e Francisco Fernández Naval.
Feira do Libro da Coruña: programa do domingo 2 de agosto
18.00 A feira dos nenos. Burromaquia. Divertido contacontos realizado por Ignacio Vilariño.
19.00 Clube de lectura coa escritora Marta Rivera de la Cruz arredor do seu libro La importancia de las cosas, publicado pola Editorial Planeta. Ao remate do acto a escritora asinará exemplares do seu libro.
19.30 As escritoras Dores Tembrás (O pouso do fume) e Diana Varela Puñal (Fíos), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.
20.00 A escritora Lola Beccaría asinará exemplares dos seu libro El arte de perder (Premio Azorín 2009 de Novela) e do resto das súas obras.
20.00 Mesa de debate: A Galicia oculta, moderada por Francisco Narla (escritor) e coa participación de André Pena Graña (arqueólogo e escritor), José Antonio Castro Cebrián (escritor), Miguel Pedrero (escritor) e Pablo Núñez González (escritor). Ao remate do acto, os escritores participantes asinarán exemplares dos seus libros.
Feira do Libro da Coruña: programa do sábado 1 de agosto

11.00 Apertura da feira.
12.30 Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña. Pregón inaugural a cargo do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello.
18.00 A escritora Susa Herrera presentará o seu libro Todos os animais ao caixón, publicado pola editorial Primera Persona. O acto contará coa participación do grupo musical Mamá Cabra.
18.30 O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.30 Presentación do libro O museo da inocencia, do escritor Orhan Pamuk. Conversa arredor das novidades traducidas para o galego por Editorial Galaxia.
20.30 A escritora Yolanda Castaño, presentará o seu libro Erofonía. Triloxía poética (1995 -1998), publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto coa autora participan no acto Teresa Seara, profesora e crítica literaria e Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial.
A triloxía Evanxélica memoria, de Xavier Alcalá, na Feira do libro da Coruña
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/lASPAlBSzAk" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
A triloxía Evanxélica memoria (Galaxia), composta polas novelas de Xavier Alcalá Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007), foi celebrada polo editor Víctor Freixanes e o crítico literario Alfredo Ferreiro con motivo da Feira do libro da Coruña de 2008. O autor, que había de participar propiciando un coloquio sobre a súa obra, non puido estar presente por motivos persoais; porén, si se puido contar coa testemuña principal do literaturizado na obra, Manuel Molares, quen confirmou a fidelidade do autor co acontecido e relatado por el. (Blogue de Xavier Alcalá)
Farruco Graña na Feira do libro da Coruña
O 10 de agosto Farruco Graña presentará na Feira do libro da Coruña o libro O bosque de Nadgor (Asociación Cultural Francisco Lanza). Xunto co autor participará no acto o escritor Xan Fraga.
Antón Riveiro Coello na Feira do libro da Coruña
O 9 de agosto, na Feira do libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez) ás 19 horas, o escritor Antón Riveiro Coello asinará na Coruña exemplares da súa última novela Os ollos de K (Editorial Galaxia).
Xosé Carlos Caneiro e Manuel Rivas na Feira do libro da Coruña
O día 8 de agosto ás 20 horas o escritor Xosé Carlos Caneiro ofrecerá un recital literario-musical sobre o seu libro A vida nova de madame Bovary (Edicións Xerais), acompañado á guitarra por Xosé Manuel Salgado.
Ás 21 horas terá lugar a conferencia de Manuel Rivas “A odisea coruñesa”, con motivo do ciclo “Marinedas, cidades e literatura”.
Xavier Alcalá na Feira do libro da Coruña
Na Feira do libro da Coruña o xoves 7 de agosto ás 20 horas o escritor Xavier Alcalá presentará a triloxía “Evanxélica memoria”, composta polas novelas Entre fronteiras, Nas catacumbas e Unha falsa luz (Editorial Galaxia). No acto participarán xunto co autor Víctor Freixanes como editor e Alfredo Ferreiro como crítico literario.
Olga Patiño Nogueira na Feira do libro da Coruña
O 7 de xullo ás 19:00 Olga Patiño Nogueira asinará exemplares do seu libro Tempo en desuso (Edicións Espiral Maior).