No marco da Feira do Libro de Vigo, este mércores 7 de xullo a partir das 19:00 horas, María Reimóndez asinará exemplares de O monstro das palabras, publicado en Xerais, e do resto da súa obra. A partir das 19:30 horas, fará o mesmo Benigno Campos co seu libro A cociña de Larpeiros, publicado en Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Feira do Libro de Vigo
Vigo: presentación de Xuvia-Neda, de Vicente Araguas e sinatura de libros de X. R. Quintana Garrido
Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 19:30 horas, Vicente Araguas presenta Xuvia-Neda, publicado por Xerais. No acto participarán Manuel Bragado e o propio autor.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, Xosé Ramón Quintana Garrido asinará exemplares do seu libro Un longo e tortuoso camiño, publicado por Galaxia.
Vigo: Rosa Aneiros asina exemplares da súa obra e presentación de Dragal, de Elena Gallego
Este luns 5 de xullo, no marco da Feira do Libro de Vigo, Rosa Aneiros asinará exemplares de Sol de Inverno, Ás de bolboreta e do resto da súa obra, a partir das 19:00 horas.
A partir das 19:30 horas, preséntase a novela Dragal, de Elena Gallego, publicada por Edicións Xerais. No acto acompañará á autora Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Covalladas, de Xurxo Borrazás
No marco da Feira do Libro de Vigo, o luns 5 de xullo, ás 20:30 horas, Xurxo Borrazás presentará Covalladas, publicado por Galaxia. No acto participarán Carlos Lema, Arturo López Regueiro e o propio autor.
Vigo: sinatura de libros Fran Alonso e recital poético
No marco da Feira do Libro de Vigo, este domingo 4 de xullo, a partir das 20:00 horas, Fran Alonso asinará exemplares do libro A araña e máis eu, publicado en Kalandraka.
Desde as 20:30 horas levarase a cabo un recital poético do grupo Brétema, de Vigo, coa participación de Carmen Darriba, José Tizado, Rosa Mª Morales, José Á. Carvajal, Candela Fernández, José M. Oliveira, Esmeralda Muíños, Mariano M. Abalo, Gelu García, Isabel González, Anselmo Prada, Isabel Ruíz, Margarita Agulló, Sergio López, Mª Luisa López, Rafael Gómez, Mª Rosario Sabín, Miguel Correa, Rosa Mª González, Félix Loira, Teresa Cariño, Bernardo Quiñones, Mª Carmen Duro, Fernando Campos, Telvi Dasilva e Alonso Rodríguez.
Vigo: comeza a Feira do Libro (do 2 ao 11 de xullo)
O venres 2 de xullo inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na praza de Compostela, co pregón que pronunciará ás 20:00 horas o escritor Xosé Cid Cabido, autor de Unha historia que non vou contar, premio ao mellor libro de Narrativa do ano 2009 da Asociación de Escrtiores en Lingua Galega. A continuación, ás 20:30 horas, realizarase a presentación do libro A viaxe do Ser de Manuel Pérez de Lis, na que o autor estará acompañado pola editora Helena Pérez.
O programa de actividades pódese descargar aquí.
Feira do Libro de Vigo: programa do domingo 19 de xullo
13.00 Actividades para nenos. Obradoiro de ilustración, dirixido por Fran Ínsua.
18.00 Teatro infantil. A compañía Teatro Buratini representará a súa obra O pazo de papel.
20.00 Fin de feira con humor a cargo de Cándido Pazó e o seus Monólogos humorísticos.
22.00 Peche da feira do libro.
Feira do Libro de Vigo: programa do sábado 18 de xullo
13.00 Actividades para nenos. Obradoiro de instrumentos musicais, realizado por As dúas de sempre.
18.00 Teatro infantil: O tenderete da cachifallada, pola compañía de teatro A Loca Motora.
19.30 A escritora Magdalena del Amo presentará o seu libro Déjame nacer, publicado pola editorial La Regla de Oro.
20.30 Blue moon. Recital narrativo-musical do escritor Xosé Carlos Caneiro arredor do seu libro do mesmo título, publicado por Biblos.
Feira do Libro de Vigo: programa do venres 17 de xullo
18.00 Actividades para nenos: Monicreques. Os tres porquiños e algún máis. Mario Tomás
19.00 Recital do grupo poético Brétema, de Vigo.
20.30 A asociación MusicArte presentará o seu libro disco Once máis 15. Poemas musicados, publicado por Edicións do Cumio. Participarán no acto o representante da editorial, Cándido Meixide, os cantautores Miguel Alonso e Roberto Sobrado e a banda de Julián Ross.
Feira do Libro de Vigo: programa do xoves 16 de xullo
18.00 Teatro de monicreques: O espíritu do bosque. A cargo da compañía de teatro Falcatrúa.
19.30 O escritor Andrés Domínguez Almansa presenta o seu libro Historia social do deporte en Galicia, publicado pola Editorial Galaxia.
20.00 O escritor Domingo Villar, asinará exemplares do seu libro A praia dos afogados, publicado pola Editorial Galaxia.
20.30 As escritoras Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire, profesoras da Universidade de Vigo, presentarán o seu libro Prostitución: Clientes e outros homes. Análise sociolóxica das ideoloxías sexuais masculinas en Galicia, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coas autoras, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial