“O pasado sábado despedímola familiares e amigos no cemiterio compostelán de Boisaca. As súas cinzas quedarán depositadas no cemiterio parroquial da vila de Castropol, a carón das do seu esposo Fermín Penzol Labandera (1901-1981). Un e outra foron a alma da Fundación que leva o seu nome, creada en 1963 na órbita de Editorial Galaxia. fondo histórico fundamental para a memoria do galeguismo e da cultura galega. (…)
Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo, 1926) casou con Fermín Penzol en decembro de 1948 e dende entón desenvolveron xuntos unha intensa actividade a prol do máis importante fondo documental da cultura galega sostido por unha institución privada e civil. Ao falecemento de Fermín en 1981, Blanca asumiu a presidencia da Fundación e, posteriormente, a presidencia de Honra, a causa dos problemas de saúde que nos últimos tempos a tiveron retirada na Coruña. Era conselleira de Editorial Galaxia, empresa á que tanto Fermín coma ela se sentiron vencellados dende a creación da mesma en 1950. En febreiro de 1997 a Asociación de Mulleres Diálogos 90 recoñeceuna como Galega destacada, galardón que lle entregou solemnemente o alcalde de Vigo. No ano 2002 a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao. Tamén foi membro do Consello da Cultura Galega, entre 2001 e 2004, en representación da Fundación. (…)” Desde Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Fermín Penzol
Vigo: conferencia Fermín Penzol: un bibliófilo galeguista, de Henrique Monteagudo
O xoves 7 de abril, ás 20:00 h., na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, Henrique Monteagudo pronunciará a conferencia Fermín Penzol: un bibiófilo galeguista, nun acto organizado pola Asociación de Amigos dos Pazos.
Vigo: exposición Fermín Penzol. Unha obra para un país
Desde o mércores 20 de outubro até o martes 30 de novembro, na Fundación Penzol, Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n.), de Vigo está a exposición Fermín Penzol. Unha obra para un país, mostra homenaxe, coordinada por María Dolores Cabrera e Henrique Monteagudo, a este rexistrador da propiedade, bibliófilo galeguista, que durante toda a súa vida e dende a mocidade se dedicou a reunir libros e documentos referidos á nosa cultura, dende a Idade Media aos nosos días. Poderá ser visitade no seguinte horario: de luns a venres, de 18 a 21:30 h., sábados, de 11 a 14 h, e de 18 a 21:30 h. e domingos e festivos, de 11 a 14 h.
Vigo: conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Bibliofilia na Galicia do século XX. A personalidade de Fermín Penzol
O xoves 28 de outubro, ás 20:00 h., no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n.) de Vigo, terá lugar unha conferencia co título: Bibliofilia na Galicia do século XX. A personalidade de Fermín Penzol, a cargo do profesor Xesús Alonso Montero.
Homenaxe a Fermín Penzol
(Galaxia)