Arquivos da etiqueta: Inma Doval Porto
A Coruña: actos literarios destacados do martes 5 na Feira do Libro
O
martes 5 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 13:00 h. Presentación do álbum ilustrado O libro dos bicos, de Xosé Luna e Nuria Díaz, publicado por Edicións Embora.
– 19:00 h. Miguel Anxo Fernán-Vello asinará na caseta de Editores Coruñeses.
– 19:00 h. O escritor Carlos Negro, presenta o seu libro Penúltimas tendencias, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participan no acto Mercedes Queixas.
– 19:45 h. Presentación do libro Kid Salvaxe, de Carlos G. Reigosa, publicado por Edicións Xerais. Participa no acto Manuel Bragado.
– 20:00 h. Lemos, cantamos, gozamos. II Semana da música infantil da Coruña. Pitusa semifusa, con Olga Brañas.
– 20:15 h. Sinatura de libros de Ramón Vilar Landeira na caseta da Libraría Pedreira.
– 20:30 h. O escritor Alfredo Conde fará a presentación do seu libro Chovida do ceo, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Rodríguez “Rodri”.
– 21:00 h. Berta Dávila e Inma Doval asinarán exemplares do seu libro A fuxida, publicado por Biblos, na caseta de Editores Coruñeses.
– 21:30 h. Presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Edicións Xerais. Participa no acto Manuel Bragado.
Betanzos: acto polo Día do Libro
A Coruña: presentación de A fuxida, de Berta Dávila e Inma Doval, e exposición dos orixinais das ilustracións
Betanzos: presentación de A fuxida, de Berta Dávila, ilustrado por Inma Doval
A Coruña: recital de poesía e intervencións artísticas en Local dispoñible. Almacén cultural
Carballo: inauguración da exposición do III Enarborar o bosque, con poesía, música e proxección audiovisual
Convocatoria Un milladoiro para Corcoesto, dentro da III edición de Enarborar o Bosque
O
sábado 1 de xuño terá lugar a III edición de Enarborar o Bosque en Corcoesto, Cabana de Bergantiños, con recitais poéticos, pintura ao vivo, música, maxia… unha verdadeira romería artístico-reivindicativa ao aire libre. Os organizadores, Delio Sánchez, de Factoría DELIdeas, e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, convocan explicitamente a levar versos escritos sobre croios, ou mesmo pequenas pedras intervidas, coas que se montará unha instalación adicada á protección de Corcoesto e o seu entorno natural frente ao proxecto de explotación mineira de ouro a ceo aberto. Tamén se pode enviar a pedra ao Apartado 223, C. P. 15660, de Cambre – A Coruña antes do 28 de maio.
Máis información aquí, ou tamén no evento creado en facebook.
A Coruña: Medre o mar!, homenaxe a Bernardino Graña, o sábado 1 de setembro
Medre o mar!
é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:
MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
– 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
– 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
– 12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.
PASAR A MAROLA. Na Dársena.
– 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros.
– 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.
MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
– 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes, Xurxo Souto e María José Martínez López, Vicerreitora de Estudantes, Deporte e Cultura da Universidade da Coruña.
A Coruña: III Encontros Milpedras: recital de poesía, música e arte en directo
O venres
19 de novembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, desenvólvese a terceira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Iria Pedreira, en paralelo á música de Rubén Barros e a creación artística de Inma Doval.







