Listaxe de relatos gañadores e finalistas do VI Premio de relatos de inspiración científica Inspiraciencia

inspiraciencia_24_06_2016_ (30)O 24 de xuño tivo lugar en La Casa Encendida (Madrid), o fallo da sexta edición do VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia, no que colabora a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Por parte da AELG Sonia Varela Pombo, profesora da Universitat Autònoma de Barcelona, fixo parte do xurado.

En galego resultou gañador na categoría de adultos Agustín Agra Barreiro, con Déjà vu, sendo finalista O remedio de Averroes, de José Antonio Villar Piñón.

Na categoría xuvenil o primeiro premio foi para o relato A movida sen fin, da autoría de Iria Rúa Vázquez, e resultou finalista A carreira, de Anxo Iglesias Núñez.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega premia as/os gañadoras/es cunha praza no obradoiro de creación literaria da Escola de Escritores-as da AELG que escollan.

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona a ciencia e a literatura dunha forma lúdica e participativa. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos e combinadas poden xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción.

Pode participar calquera persoa que presente un relato orixinal -en calquera das linguas do concurso (catalán, español, éuscaro ou galego)- que estea inspirado nunha temática científica.