“A novela Sete palabras, de Suso de Toro, será levada ao cine polo director salmantino José Luis García Sánchez, informou El País. Sete palabras, publicada o pasado ano por Xerais, obtivo o Premio da Crítica Galega, e é unha novela que supón unha viaxe ás orixes do escritor coa finalidade de desvelar a súa identidade persoal e familiar.” Vía Xerais. Tamén en El País.