“Suso de Toro: A historia rescatada”

Entrevista a Suso de Toro en Nós Diario:
“- Nós Diario (ND): A memoria xa estaba en Home sen nome e en Sete palabras indagaba na historia da súa familia. Un señor elegante supón, niso, unha continuidade…
– Suso de Toro (ST): Tamén na miña novela anterior, Fóra de si, un home reconstrúe a súa propia historia. Debe haber algo en min que explique que a miña imaxinación se dispare cara a atrás. No caso de Un señor elegante son historias persoais, pero tamén é a historia colectiva. O que fago é interrogar moito o personaxe de Ramón Baltar para reconstruír unha historia que non existe. A familia tiña unha memoria fragmentaria, pero non unha historia elaborada. Teño, ademais, interese en que este libro se lea. Penso que é importante para o país coñecer a historia dos Baltar. Porque axuda a mudar a percepción dominante do noso pasado.
– ND: Di iso porque é unha familia burguesa republicana e galeguista?
– ST: Traducido a categorías sociais sería iso, si. Son persoas dignas, optimistas, alegres, comprometidas co país. Non é unha historia triste. O triste é a historia de España e o que lle aconteceu á Galiza. A familia foi castigada, mais tivo a fortuna e a capacidade de atravesar todo aquilo e resistir. É unha historia chea de incidencias, algunhas moi divertidas.
– ND: Fixo un traballo de investigación importante. Como foi o proceso?
– ST: Foi distinto porque non o fixen eu só. Fíxeno dialogando cos fillos de Ramón, con tres dos seus fillos e unha das súas fillas. E ademais fixen algo que nunca fixera, que foi pedirlle axuda coa documentación á miña compañeira. Eu estaba escribindo outra novela e, para pedir seguir adiante con este proxecto, precisaba a súa axuda. Ramón chegou a ser tan familiar para min que me identifico moito con el… (…)”

A novela Sete palabras, de Suso de Toro, será levada ao cine no 2012

“A novela Sete palabras, de Suso de Toro, será levada ao cine polo director salmantino José Luis García Sánchez, informou El PaísSete palabras, publicada o pasado ano por Xerais, obtivo o Premio da Crítica Galega, e é unha novela que supón unha viaxe ás orixes do escritor coa finalidade de desvelar a súa identidade persoal e familiar.” Vía Xerais. Tamén en El País.