“Chamádeme Simbad, do escritor vigués Francisco Castro e publicado en Galaxia, foi incluído na Lista de Honra coa que a OEPLI -Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil – (pola do IBBY no estado español) recoñece os libros máis significativos destinados ao público máis novo editados nos últimos dous anos. A OEPLI selecciona catro escritores, un por cada unha das linguas do estado, xunto a outros catro tradutores e un ilustrador. Entre estes últimos nomes hai que destacar o de Carmen Torres, tradutora ao galego de Kafka e a boneca viaxeira (Galaxia) de Jordi Serra i Fabra; e a pontevedresa Kalandraka editora (…)”. Vía Fervenzas Literarias.