Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, o sábado 28 de agosto, ás 20:30 h., A lingua que queremos, presentación conxunta dos libros Lingua e futuro, coordinado por Goretti Sanmartín, publicado en Laiovento, Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais, e Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo, coordinado por Luís Villares, publicado en Laiovento. No acto participan os autores acompañados por Silvana Castro.
O domingo 29 de agosto, derradeiro día da feira, ás 18:00 h., preséntase o libro Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega en Suíza, publicado pola CIG, coordinado por Xurxo Martínez Crespo, que participará no acto acompañado por Marianne Hellfer.
Arquivos da etiqueta: Lingua de calidade
A Coruña: presentación do libro Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
«A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que o vindeiro luns 24 de maio, terá lugar a presentación do libro Lingua de calidade. Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro e posterior charla de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación, con entrada libre.
Lingua de calidade, editado por Edicións Xerais de Galicia, pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.»