Arquivos da etiqueta: Lourenzo Fernández Prieto
Santiago: presentación de Poñente, de Pere Tobaruela
O
martes 22 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (Praza da Universidade, 1), preséntase o libro Poñente, de Pere Tobaruela, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Juan Monterroso, Lourenzo Fernández Prieto, Xoán Carmona, Manuel Bragado e o propio autor.
Santiago: presentación de Historia dun ermo asociativo, de Daniel Lanero Táboas
O
mércores 27 de abril, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo, de Daniel Lanero Táboas, publicado en 3C3. No acto intervirán Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto, Víctor Manuel Santidrián Arias, X. Amancio Liñares Giraut e o propio autor.
Santiago: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira
O
martes 22 de marzo, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o autor.
A Coruña: Lourenzo Fernández Prieto presenta o seu novo libro
O próximo mércores 20 de xaneiro ás oito do serán preséntase na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) o libro Facendo Historia con memoria de Lourenzo Fernández Prieto. No acto intervirán Ernesto Sánchez Pombo –xornalista–, Manolo Martínez Barreiro –analista político e autor do limiar–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.
