O
mércores 19 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Eixo (Rúa Cardenal Quevedo, 48), en Ourense, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Delfín Caseiro, X. Luís Álvarez e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Manuel Bragado
A Coruña: presentación de Non hai outro camiño, de Isaac Xubín
Acta do xurado do XIX Premio de Narración Curta Ánxel Fole
Verín: actos destacados da Feira do Libro 2017
Do
31 de marzo ao 2 de abril terá lugar a Feira do Libro de Verín (na Praza da Mercede), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Venres 31 de marzo
– 19:30 h. Inauguración da Feira. Pregón a cargo de Xosé Carlos Caneiro.
Sábado 1
– 18:00 h. Antón Riveiro Coello asina exemplares de A ferida do vento, publicado en Galaxia.
– 20:00 h. Presentación de O códice esmeralda, de Alberte Blanco, publicado en Xerais. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.






