O noso xeito é un programa emitido semanalmente en Radio Roncudo e Radio Neria, presentado por Óscar de Souto e Manuel de Corme. A súa duración é de 60 minutos, e inclúe nos seus contidos literatura, entrevistas e información cultural. O horario de emisión é os venres ás 22:00 horas, repetíndose os sábados ás 09:00 h. A súa estrea tivo lugar o venres 12 de setembro.
Arquivos da etiqueta: Manuel de Corme
A Coruña: recital con poesía, regueifa e música dirixido por Óscar de Souto
O xoves 29 de maio, ás 20:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), Óscar de Souto presenta e coordina un acto con teatro, regueifa, canción e poesía, no que intervirán Manuel de Corme e Concha Matos.
Carballo: recital con poesía e música, presentado por Óscar de Souto
O venres 11 de abril, ás 22:00 horas, na Sala Dublín de Carballo (Rúa Fomento, 25), Óscar de Souto presenta un acto onde Manuel de Corme e Concha Matos recitarán poemas das súas obras, e posteriormente a actuación poético-musical do grupo Versus (con Miguel Queipo e Antón Borrazás).