A Coruña: 5º recital Escoito cisnes 2016, o xoves 9 de xuño

O13393390_1794804834088019_1595926035_n xoves 9 de xuño, ás 20:00 horas, no Monty Ambigú (Praza do Papagaio), na Coruña, terá lugar o 5º recital de poesía ceibe Escoito Cisnes. A lista provisional de participantes está formada por Miguel Melero, Teresa Ramiro, Ricardo Souto Morano, Carmen Torreiro, Francisco X. Fernández Naval, Branca Vilela e Óscar de Souto. Convoca Goleta Ó noso xeito. A entrada é libre.

Comeza a súa emisión o programa radiofónico O noso xeito, dirixido por Óscar de Souto e Manuel de Corme

O noso xeitoÓscar de Souto e Manuel de Corme é un programa emitido semanalmente en Radio Roncudo e Radio Neria, presentado por Óscar de Souto e Manuel de Corme. A súa duración é de 60 minutos, e inclúe nos seus contidos literatura, entrevistas e información cultural. O horario de emisión é os venres ás 22:00 horas, repetíndose os sábados ás 09:00 h. A súa estrea tivo lugar o venres 12 de setembro.