Fallo do XVI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas


Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
“O pasado 12 de novembro de 2024 celebrouse a xuntanza do xurado do XVI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández, Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de La Voz de Galicia, Joel Gômez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta ocasión os premiados son:
Categoría de poesía
Gañadora:
» “Esférica”, Irene Quinteiro Blanco.
Mención especial:
» “Tal como as nubes que impele o vento”, Noela Vázquez Ledo.

Categoría de narrativa
Gañadora:
» “Pequena achega”, Marisa Vidal Collazo.
Mención especial:
» “Merece a pena vivir morrendo?”, Leticia Río López.

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 10 de decembro de 2024, ás 18:30 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela).”