Arquivos da etiqueta: Moncho Ermida
Foz: actos destacados da Feira do Libro do venres 21
O venres 21 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:30 h. Presentación do libro de literatura infanto-xuvenil Tempos de norte, de Mónica Justo e Roberto Martínez.
– 20:30 h. Presentación de Nacionalismo galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975), de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, publicado por Laiovento. No acto participan, xunto ao autor, Moncho Ermida e Luís Gonçales Blasco.