Continúa a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do venres 1 ao domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do sábado 2 son as seguintes:
– 20:30 h. Presentación do libro infantil Alba, a princesa das sete coroas, de Amalia Pérez Otero, con ilustracións de Nieves González Pardo, publicado por Ir Indo Edicións. Xunto coa autora, participará no acto Xelasio Suárez Santiso, director da editorial. Ao remate, a escritora asinará exemplares do seu libro.
E as do domingo 3 son estas:
– 19:00 h. Presentación do libro infantil O camiño dos druídas, de Xosé Lois Ripalda, publicado por Ir Indo Edicións. Xunto co autor, participará no acto Xelasio Suárez Santiso, director da editorial. Ao remate, o autor asinará exemplares do libro.
– 20:00 h. Presentación do libro Guía didáctica dos instrumentos galegos, de Moisés Quintas, publicada por Ouvirmos. Xunto co autor, participará no acto o mestre artesán Antón Corral e José M. Aldea, en representación da editorial.
– 21:00 h. O humor na Feira do libro. Cunqueiradas, divertido monólogo do actor e autor Cándido Pazó, baseado en textos de Álvaro Cunqueiro.