San Marcos (Pardesoa, Forcarei): obradoiro literario arredor de O crime de Pardesoa, de Calros Solla

O 16 de decembro, ás 17:00 horas, no lugar de San Marcos (Pardesoa), nun acto organizado pola Asociación Socio-Cultural Can de San Roque de Soutelo de Montes, Calros Solla participa nun obradoiro literario (indutivo-dedutivo) arredor do seu libro O crime de Pardesoa (Ed. Morgante, 2013).

Entrevista a Calros Solla sobre O Crime de Pardesoa

Desde a Cadea SER Pontevedra:
“Nesta edición de Vermú con SER coñeceremos a historia que agocha o libro O Crime de Pardesoa. Un traballo de recopilación de Calros Solla que foi publicado no ano 2013. Nel relata un asasinato que para poder entendelo hai que situarse na Galicia rural de finais do século XIX. Coñecer o papel da muller, entender acontecementos coma a morte da Sisi emperatriz e, se nos poñemos, incluso coñecer como chegaban as novas ós medios da prensa escrita…
San Marcos, un lugar localizado en Pardesoa, a dous km e medio de Soutelo de Montes pola N-541. Estamos en 1897, a muller era educada para casar. Perfecta Espiña, casa cun home que lle dobla en idade, viúvo convertido nun adiñeirado prestamista. A casa na que vivían compartía paredes e unha porta co matrimonio composto por Filipe Fírvida e a súa dona Pilar Hedreira, irmán da primeira muller de do prestamista Xoán Rei. Pilar traballaba no servizo doméstico da casa do seu cuñado, o asasinado. Pero, Quén foi o asasino?… escoita o podcast de Vermú con SER para coñecer o desenlace.”