Bieito Iglesias, escritor: “Cando escribes relatos tes máis liberdade para xogar cos recursos literarios que nunha novela”

Entrevista de María Amigo a Bieito Iglesias en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que posibilidades expresivas lle ofrecen os relatos a respecto doutros xéneros?
– Bieito Iglesias (BI): O relato ten a vantaxe de que permite certa variedade, porque nunha novela ten que haber un fío condutor. Nos relatos, eu polo menos, atopo máis liberdade para xogar co que son os recursos literarios, os cambios de tempo, o ritmo… Ofrecen unha maior liberdade creativa a respecto doutros xéneros que exixen unha maior disciplina.
– ND: Como axuda o humor nesta obra a tratar temas que poden resultar máis sensíbeis ou delicados?
– BI: Hai varios tipos de humor. Hai veces nas que o humos é amábel e empático, e nese caso é unha especie de velo que vale para atenuar situacións ou conflictos que resultarían demasiado duros. Outras veces o humor é unha arma, unha sátira, serve para agudizar a crítica. Neste libro hai un pouco de todo: hai relatos que son satíricos, que son críticas máis ou menos exaxeradas de certas situacións, e noutros casos, en cambio, o humor funciona como unha especie de analxésico. (…)”