O
mércores 9 de febreiro, ás 20:00 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.), de Santiago de Compostela, presentación do libro Na cerna da selva, de Pere Tobaruela, publicado en Sotelo Blanco Edicións. No acto participan, acompañando ao autor, Ánxela Gracián e Arantxa Serantes.
Arquivos da etiqueta: Pere Tobaruela
Santiago: Círculos Poéticos Abertos na defensa da língua
O
domingo 14 de novembro, a partir das 19:00 h., na Casa das Crechas (Vía Sacra, nº 3) de Santiago, desenvólvense os Círculos Poéticos Abertos na defensa da lingua. Todas as persoas que queiran colaborar neste acto, xa se poden anotar a través do correo electrónico: penultimoacto@gmail.com. Ademais de Penúltimo Acto (Enrique Leirachá, rosanegra, Cruz Martínez) e Wladimir Dragossán. Xa confirmaron asistencia a este acto: Pere Tobaruela, Iolanda Aldrei, Concha Rousia, Dara Escribano, Simón Cabo, Belém Grandal, Telmo Rodríguez…
Vigo: Círculo Poético Aberto, polo grupo de acción poética Penúltimo Acto
O
sábado 30 de outubro, a partir das 21:00 h., no Café Uf “Negra Sombra” (rúa Pracer, 19) de Vigo, haberá un recital promovido polo Grupo de Acción Poética Penúltimo Acto, no que participarán, ademais dos membros deste colectivo, Iolanda Aldrei, Pere Tobaruela, Belém Grandal, José M. Garnelo, Gaspar Domínguez, e Alfonso Rodríguez, entre outros. Se alguén máis quere participar pode enviar un correo electrónico ao enderezo penultimoacto@gmail.com.
Presentación da primeira obra en galego de Pere Tobaruela
«O venres 13 de abril, a partir das oito do serán, a Galería Sargadelos de Santiago acollerá a presentación do libro de relatos Con ollos de neno de Pere Tobaruela, nova entrega da colección Mandaio de Biblos. No acto, ademais do autor, intervirá Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega.» (Biblos)