O
Departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e Kalandraka. O prestixioso artista italiano Roberto Innocenti (Florencia, 1940), ilustrador de obras como As aventuras de Pinocho, A historia de Erika ou A casa, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, será un dos membros do xurado do certame. Toda a información pódese descargar aquí: Bases IV Premio Internacional Compostela.
Arquivos da etiqueta: Premio Compostela para Álbums Ilustrados
Santiago: entrega do III Premio Internacional Compostela de Álbumes Ilustrados
I Premio Compostela para ÁlbumesI Premio internacional Compostela para álbumes ilustrados
Trátase dun certame dos de mellor dotación económica do Estado e que implica a publicación da obra galardoada nas cinco linguas peninsulares. O prazo de entrega dos traballos remata o 31 de xaneiro de 2008 e o fallo do xurado coñecerase o 2 de abril. Bases I Premio Compostela (PDF).
