Arquivos da etiqueta: Premios Xerais
Entrevista a Marilar Aleixandre, nos Premios Xerais 2012
Entrevista a Fran Alonso, nos Premios Xerais 2012
Entrevista a Manuel Iglesias Turnes, nos Premios Xerais 2012
Entrevista con Anxo Angueira, nos Premios Xerais 2012
Entrevista con Ledicia Costas, nos Premios Xerais 2012
Entrevista con Begoña Outeiro, membro do xurado dos Premios Xerais 2012
Entrevista con Xosé Manuel Eyré, nos Premios Xerais 2012
Discurso de Marilar Aleixandre na entrega dos Premios Xerais 2012
“A escritora Marilar Aleixandre, como mantedora literaria dos Premios Xerais 2012, alertou no seu discurso, O círculo de luz: escrita, conflito e lume, ao papel da lectura e dos libros que iluminan, aqueles que «foron escritos con lume e gardan ascuas entre as súas páxinas», aqueles que «traban en nós, como di Kafka, os que cravan o seu ferrete». Aleixandre defendeu a lectura de «libros que sexan literatura, que teñan lume dentro», sendo xeralmente aquelas obras que «teñen no seu cerne un conflito dentro». A autora de Teoría do caos e de A cabeza de Medusa salientou que «o conflito, a desventura, o infortunio son os vimbios cos que se tecen, non só as novelas chamadas de adultos, senón tamén as xuvenís». «Creo que Rosalía concordaría en que escribir é chamar as cousas polo seu nome e, en moitas ocasións, levar a contraria», engadiu. «As escritoras, os escritores temos por ferramenta a palabra, a palabra xusta, usada como puga de toxo, como ferrete, como machada, como facho que alumea ou incendia. Temos tamén por ferramenta a imaxinación, que nos permite soñar que as causas perdidas serán un día gañadas». Citando a Rosalía de Castro e Castelao, rematou dicindo porque estes autores «imaxinaron ser posible escribirmos en galego, podemos celebrar hoxe estes novos libros. Convócovos a ler libros que arden, a escribir libros que prendan lume».
O texto completo do discurso pode baixarse en pdf aquí.” Vía Xerais.