O mércores 1 de maio prosegue a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
– 13:00 h. Actividade infantil. Servando Barreiro. Contacontos poético musical.
– 18:00 h. Contacontos en verso para nenos, con Yolanda Castaño xogando co seu libro Verdedades, ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Biblos. Tamén aparecerán historias dos seus libros Cando eu saiba ler e Punver.
– 20:00 h. Presentación do libro e audiovisual Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño, con textos de Montse Pena Presas e imaxes e son de Gonzalo Enríquez Veloso, publicado por Editorial Galaxia.