Desde a Mesa pola Normalización Lingüística:
“O pasado 17 de decembro presentábase en Donostia o texto final do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Asinado por centos de entidades sociais de toda Europa e promovido por organizacións internacionais como ELEN, CIEMEN, Linguax, UNPO, PEN International e Kontseilua de Euskaherría. Hoxe as entidades sociais galegas que xa se adheriron ao documento presentárono publicamente co obxectivo de comezaren un amplo proceso de difusión dun texto que pretende dotar de capacidade de exercicio práctico a dereitos lingüísticos recoñecidos mais “coa condicionados a non se exerceren”.
O Protocolo de Donostia é froito dun proceso de acordo desenvolvido nos anos previos por diferentes grupos de traballo, combinando os enfoques científico, académico e social, para construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade entre as comunidades lingüísticas, de maneira que este protocolo foi trasladado a foros e instancias internacionais para que institucións de diferente carácter o utilicen como instrumento práctico do seu compromiso coa diversidade lingüística. Continúa así co establecido en 1996 coa aprobación en Barcelona da Declaración Universal dos dereitos lingüísticos.
Segundo explicou Pilar García Negro, membro do Comité científico do documento internacional, o protocolo é fillo da Declaración Universal dos dereitos lingüísticos aprobado en 1996 e que pretendía dotar de contido o artigo 2 da declaración de dereitos humanos que contempla a non discriminación, entre outros motivos, por razón de lingua.
O protocolo consta de catro obxectivos principais: reivindicar a garantía da diversidade lingüística e o desenvolvemento das linguas; crear unha ferramenta efectiva para a igualdade lingüística e o desenvolvemento das linguas en situación de desvantaxe; presentar as comunidades lingüísticas como suxeitos dentro deste proceso e reivindicar o seu papel de garantes dunha xestión xusta da sociedade.
Pilar García Negro interviu acompañada de representantes de diversas entidades con práctica continuada de defensa e promoción da lingua galega: Marcos Maceira (A Mesa pola Normalización Lingüística), Anxo Louzao (CIG-Ensino), Romina Bal (ProLingua), Queca Carballo (Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Normalización da Lingua), Andrés Bellas (Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia, APRADOGA), Mercedes Queixas (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG) e Séchu Sende (A Semente Escolas de ensino en galego). Sigue lendo
Arquivos da etiqueta: Queca Carballo
Carballo: Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo, do 17 ao 19 de xullo
“Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto.
– Datas: 17, 18 e 19 de xullo de 2013.
– Lugar: Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo.
– Matrícula. A través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm.
– Custo da actividade. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días:
* 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas.
* 50 euros para todas as demais persoas participantes.
Mércores 17
Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo.
– 10:00 h. a 10:30 h. Recepción e entrega de documentación.
– 10:30 h. a 11:00 h. Inauguración e benvida. Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo.
– 11:00 h. a 12:30 h. Conferencia inaugural: De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación. Carmen Espinar. Socióloga, membro da Red Cimas e activista social.
– 13:00 h. a 14:30 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde administracións
* Proxecto Sonda Norte (Ribadeo) e Centro Ágora (A Coruña). Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)
* Rede de Entidades Amigas da Lingua e Proba en galego (Pontevedra). Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística).
– 14:30 h. Xantar conxunto.
– 16:30 h. a 18:00 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde a base.
* Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT).
* A implicación desde unha parroquia. Rubén Aramburu (crego)
* Experiencias de implicación de maiores e rapazada. Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador).
– 18:00 h a 20:00 h. Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro…
Xoves 18
Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas.
– 10:30 h a 12:00 h. Experiencia e proposta de traballo. A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas.
* Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca Emun.
– 12:30 h a 14:30 h. Proposta de traballo. As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos.
* Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de Nordkom.
– 14:30 h. Xantar conxunto
– 16:30 h. a 18:00 h. Proposta de traballo. Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística.
* Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores.
– 18:30 h. a 19:00 h. Proposta de traballo. Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias.
* Queca Carballo, coordinadora do Viveiro da CTNL.
– 19:00 h. a 20:30 h. Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras.
Venres 19
Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas.
– 10:00 h. a 11:00 h. Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo.
– 11:00 h. a 12:00 h. Proposta de traballo. A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento.
* Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento.
– 12:30 h. a 14:00 h. Conferencia de peche. Democracia implicativa para os procesos de cambio social.
* Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de Civis.
– Organiza: Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística.
– Colaboran: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Concello de Carballo.
Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística UDC
Maestranza, 9. A Coruña.
Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055.”