Convidámoste a participar no Dragal Challenge

Desde R:
“Prepárate para vivir o desafío lendario que sacudirá Galicia. Prepárate para facer historia nun reto que só sucede unha vez na vida. Prepárate para o ‘Dragal Challenge’. Seguramente o nome xa che dará unha pista, e precisamente pistas vas ter para longo. Serás ti o elixido que consiga controlar ao último dragón de Galicia?
O mundo imaxinario de Dragal salta das páxinas da escritora Elena Gallego Abad a un xogo interactivo, que te levará a percorrer lugares extraordinarios dunha Galicia máxica.
Unha Galicia onde un día gobernaron os dragóns, ata que foron desaparecendo un a un. Durante séculos, a Orde do Dragal foi a encargada de custodiar o seu legado. Un legado que agora depende de vós, porque só vós poderedes chegar a controlar o último dragón de Galicia.
Prepárate para vivir unha experiencia interactiva como nunca antes viras. O ‘Dragal Challenge’ xógase na nova plataforma PetisGO!, que puxeron en marcha RcinfoSixtemaXoia e Ficción Producciones, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Os elixidos para este desafío, pero tamén todos/as os/as que queirades seguir o Challenge en directo, debedes descargarvos a aplicación PetisGo! dende o móbil Android e iOS ou a través da versión para pc.
Asegúrate de que o teu smartphone sexa compatible con Realidade Aumentada (AR) para que poidas seguir os retos. O son os iPhone 6S ou superior ou os iPad de 5ª xeración ou superior. No caso de móbiles con Android, comproba aquí a compatibilidade.
E a por todas!!
Os 10 equipos seleccionados para este reto seredes recibidos polos sabios da Orde do Dragal, que vos contarán todos os detalles da misión que vos van encomendar.
Galicia vaise converter nun gran taboleiro de xogo. Os participantes teredes que atopar os ovos de dragón esparexidos por toda a xeografía, a través de pistas que vos leven ata a súa posición. Pero tamén debedes escondelos para poñerlles as cousas difíciles aos vosos rivais.
Os 4 equipos con máis puntuación mediranse nunha final épica que ten como escenario a Alameda de Santiago. É ‘O Desafío Final’ do ‘Dragal Challenge’. Os ovos de dragón estarán escondidos en lugares significativos de Compostela. A rapidez descifrando as pistas será fundamental para atopalos antes que ninguén e convertervos nos gañadores do ‘Dragal Challenge’.
Dragal Challenge
Enrólate nesta aventura épica que poñerá a proba a túa habilidade e coñecementos. Para participar neste desafío debes crear o teu equipo, formado por 1 adulto -que exercerá o papel de titor escudeiro-, e 4 nenos ou nenas de entre 6 e 16 anos. Únete en familia ou amigos e fai o teu equipazo.
Podedes crear un berro de guerra, disfrazarvos de dragón ou ‘facer o parvo’ o que queirades para gravar a vosa candidatura nun vídeo de non máis de 3 minutos de duración. Despois, só tedes que envialo antes do 5 de xaneiro á dirección de correo electrónico dragalchallenge@petisgo.gal.
A Orde do Dragón poñerase en contacto convosco para comunicarvos se sodes os elixidos para participar no ‘Dragal Challenge’.
Serás ti?
Moi atentos ao noso blog e ás redes sociais porque seguiremos descifrando enigmas.
+ info